Estas novas non me deixan de sorprender. A fotografía de José Luis Rodríguez, galardoada cun dos premios mais importantes de fotografía de natureza, o Wildlife Photographer of the Year 2009, está sendo investigada polo xurado inglés do certame. O problema é que sospeitase que este lobo non é "salvaxe" senon un exemplar que vive en cautividade. Dato este que, de se confirmar, podería facer perdelo galardón o fotógrafo español.
A mín recórdame o problema que conta Fontcuberta en "El beso de Judas", do premio de reportaxe a unha fotografía de boda que en realidade era unha representación da compañía de teatro A Cubana.