Encontro de Editores Gráficos
PhotoEspaña vai cara a Latinoamérica. Para iso creou Trasatlántica, Foro de Fotografía e Artes Visuais de Iberoamérica. Nese contexto, organiza o I Encontro de Editores gráficos de España e Iberoamérica, o vindeiro venres 29 de xaneiro na Casa de América en Madrid. A xornada incluirá presentacións e unha mesa redonda coa participación de Ulises Castellanos (Excelsior, México), Carla Romero (Folha do São Paulo, Brasil), Dani Yako (Clarín, Argentina), Pepe Baeza (La Vanguardia, España), Marisa Flórez (El País, España) y Ángel Casaña (El Mundo, España).