Diamond Raw é unha iniciativa novedosa na que se xuntan a creación de xoias contemporáneas e mais a fotografía. A diseñadora Andrea Piñeiro e mais a fotógrafa Sainza M. Rodal, antiga alumna da escola, están a producir xoias que levan incorporadas fotografías e que, como valor engadido, pódense personalizar coas imaxes que cada persoa elixa. Acaban de arrancar pero xa teñen unha pequena coleción, La herencia de la tía Lola, na que misturan fotografía, memoria e mais herdanzas para facer unhas xoias moi especiais.
Ven de abrir en Tui, Pontevedra, a Fototeca, un estudo e taller de fotografía creado por Goretty Vázquez, fotógrafa que foi alumna da escola. Está moi ben situado no casco vello de Tui, nun espazo amplo e ben acondicioado. Ademáis de adicarse a fotografía profesional tentará organizar cursos e outros actos ao redor da fotografía. (Neste momentos ainda non está operativa a sua web).
En Porto, Portugal, vaise celebrar un Curso Internacional de especialización en Fotografía: Creación e Produción. Terá unha duración dun ano natural, do primeiro trimestre do 2012 ao primeiro trimestre do 2013 e nel participaran como mestres excelentes profesionais da fotografía e da docencia sobor de todo de Portugal e España (ademais de Francia e Inglaterra). O curso tenta ofrecer formación de alta calidade ao tempo que consolidar a Fotografía en Portugal como unha disciplina fundamental no medio audiovisual. Ofrecen 16 prazas e o curso terá un costo ao redor dos 4.000 €.
O centro que o imparte, Alquimia da Cor, tamén ofrece outros cursos e seminarios moi interesantes.
O Foodphoto Festival é un certame ao redor da fotografía de comida que se celebra en Tarragona no principio do outono, entre finais de setembro e primeiros de outubro. Non o coñecía pero ten unha programación ben interesante, nun terreo profesional no que apenas hai oferta de actividades. Merece a pena estar atento a edición do vindeiro ano.
Hai algúns cambios no blog. Un deles é a creación dun novo apartado de ligazóns adicado a Portugal no que hai enderezos de fotógrafos e algunha das institucións mais representativas no terreo da fotografía. Algúns dos autores son ben coñecidos (o caso de Daniel Blaufuks), pero outros din con eles ao traverso do blog Con Licença, adicado a xuntar imaxes e textos centrados en Portugal.
Tamén hai unha páxina nova, Outsiders, con ligazóns a webs e blogs de algúns dos antigos alumnos que hoxe están centrados na fotografía. Ademais se separaron os apartados de editoriais, librarias e galerias e engadironse novos grupos de direccións sobre Moda ou Retocadores de imaxen dixital.
Pedro Etura, un fotógrafo excelente (e un bó amigo tamén) acaba de gañar o Premio Lux Ouro na categoría de reportaxe social, que cada ano outorga a Asociación de Fotógrafos Profesionais (AFP). Cunha mirada moi persoal (e un oficio que está a altura dese xeito de ollar) agora mesmo está ao fronte de A Photo Agency e mais EturaWeddings, as duas empresa con base en Zaragoza. Pedro Etura impartiu un dos talleres de fotografía Erregebé, que se organizaron na EASD Antonio Failde de Ourense en 2010.
Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955) ven de recibir o Premio Nacional de Ensaio polo seu libro La cámara de Pandora (2010). Fontcuberta xa ten o Nacional de Fotografía, e sen dúbida que todos eles ben merecidos porque é unha excepción de fotógrafo adicado a investigar os límites do medio fotográfico no momento que estamos a vivir.
Neste video Fontcuberta fala de boa parte da sua maneira de entender a fotografía.
Xa se inaugurou a mostra Pase(e)n e vexan sobre a intervención fotográfica que os estudantes de segundo curso da EASD Antonio Faílde de Ourense fixeron polas ruas da cidade, dentro da programación do Outono Fotográfico. Está aberta na Casa da Xuventude de Ourense.
O video de presentación (de película) é de José Chazo.
arte_k3 organiza en Vigo dende o venres 25 de novembro uns encontros ao redor dun posible Sistema de Zoas na fotografía dixital. Seran tres encontros nos que, se ainda quedan prazas, podedes participar. A persoa de contacto é o fotógrafo Tony Vacas e os datos de contacto son: movimientoartek@gmail.com ou no teléfono 625 834 660.
Os vindeiros 18 e 19 de decembro Zlick (A Coruña) organiza un mercadillo fotográfico no que haberá material de segunda man, fotos, libros e moito mais. Ofrecen os posibles vendedores un espazo gratuito para ofertar os seus produtos, ainda que advirten de que as prazas dispoñibles son limitadas. Os interesados deben chamar ao 881 897 795 ou escribir a info@zlick.es canto antes.
No eido da fotografía comercial xa están chegando talleres como o que organiza a AFP o vindeiro 24 de novembro en Barcelona: Do Photoshop ao CGI.
O CGI, Computer Generated Imagery, parece ser o siguiente desenrolo do traballo dixital, sobre todo na fotografía publicitaria. Trátase do 3D e das xa evidentes aplicacións fotográficas. Sistemas de fotorealismo é o encabezamento de algunha empresa adicada a esta tecnoloxía, que tamén empeza a ensinarse nalgunhas escolas. Aplicacións como o Maxom Cinema 4D ou o V-Ray ou apartados como o Fluxo de traballo 3D Esteresocopico pode ser que sexan o seguinte que teña que coñecer certo tipo de fotógrafos.
O xoves pasado morreu o fotógrafo Jorge Rueda (Almería, 1943). Foi un dos autores que renovou a fotografía en España, autor do que el chamaba realismo fantástico. Fundou e dirixiu nos anos 70 unha revista xa histórica, Nueva Lente, e sempre gustaba de investigar na manipulación das imaxes cando ainda o Photoshop non era popular. Era un home cun amplo sentido do humor, moi irónico e provocador. Publicou dous libros: Mal de ojo (Murcia, ed. Mestizo) e Desatinos (Málaga).
Este é un fragmento no que Jorge Rueda fala de si mesmo (e de todo):
Nací en Almería, soy un
enfermo mental.
Y ya que cuando abro la boca o uso las manos, no produzco
más que inconveniencias y barbaridades, mis médicos me
han prohibido todo movimiento, bajo amenazas de cortarme
cosas. las que mueva.
Vivo hibernado.
Así que no me pidáis que os cuente la verdad, ni
siquiera mi verdad, porque no puedo.
Sólo me atreveré a decir, sabiendo que me arriesgo a
recibir nuevos castigos, que el poder me da náuseas, que
las expresiones y conductas de dominio me quitan la
alegría y que no hay para mí más honda repugnancia que
la del que se aprovecha de cualquier clase de fuerza para
matar la vida o conducirla a su acomodo.
Unha mostra para non perderse: Observados,voyeurismo e vixiancia ao traverso da cámara dende 1870. Esta gran exposición, creada polo San Francisco Museum of Modern Art e a Tate Modern, e que presenta en Madrid a Fundación Canal, percorre a historia da chamada mirada indiscreta, xunto a evolución do concepto de intimidade e o de vixiancia. A entrada é libre e estará aberta ata o 8 de xaneiro.
Aquí está o enlace cos premios de fotografía comercial LUX, que cada ano outorga a AFP (Asociación de Fotógrafos Profesionais, con sede en Barcelona). Este ano, entre outros, levou un LUX Ouro o fotógrafo galego Adolfo Enríquez por un traballo sobre a rapa das bestas. Non é doado saber de quen é cada foto na web da AFP, pero vale a pena adicar un pouco de tempo os distintos premios para coñecer algo do estado da fotografía máis comercial. Atenció ao apartado Junior, adicado a estudantes e xóvenes profesionais que se inician no mundo profesional.
Este xuño pasado tivo lugar en Logroño o encontro internacional sobre Conservación da Imaxe Fotográfica, o FotoConservación 2011. Detrás dese proxecto están, entre outras persoas, o conservador de Zaragoza, formado en EE.UU. , Angel M. Fuentes e a escola privada de fotografía Casa de la Imagen (antes Cámara Oscura). O encontro estivo composto de cursos, talleres e másters con algunhas das primeiras autoridades mundiales na materia, e busca ser o referente do sector en España.
Pois agora, ao longo do curso iranse repetindo algúns destes talleres pero en formato mais reducido: un fin de semana. A información estará, entre outros sitios, na Casa da Imaxen.
¿A Fotografía? é o título da mesa redonda que terá lugar no MACUF, A Coruña, o vindeiro venres 18 de novembro as 20:00h. Participarán nela os fotógrafos Jordi Bernadó, Carlos Cánovas e Xosé Garrido. O programa trata dos procesos creativos e técnicos da fotografía que interveñen no proceso comercial.
Tanto Carlos Cánovas como Jordi Bernadó teñen exposicións agora mesmo neste museo.
La Fundación é unha nova empresa de xestión cultural que adica boa parte do seu traballo a fotografía. Situada preto de Madrid, polo momento está a organizar tres talleres de fotografía: un con Javier Vallhonrat (do 2 ao 6 de decembro), outro con Oscar Molina (do 7 ao 11 de decembro) e un terceiro con Nicolas Combarro; o tempo que ofrece unhas becas para participar neles ou para desenvolver un proxecto fotográfico. La Fundación tamén xestionará diferentes proxectos expositivos e mais editoriais.
O fotógrafo Rafael Sanz Lobato recibiu o Premio Nacional de Fotografía 2011.
Todo un cambio na traxectoria deste recoñecemento do Ministerio de Cultura se comparamos co controvertido Premio 2010 concedido o fotógrafo José Manuel Ballester.
No seu día houbo unha certa polémica co caso (normal nestes premios), opinións dun xeito ou doutro. Pero no inicio do curso un compañeiro da escola, Miguel Mantilla, profesor de debuxo e un experto na obra de Velázquez, terciou na polémica ao descubrir unhes certos erros na eliminación de personaxes que José Manuel Ballester fixo no foto-vaciado das Meninas de Velázquez. Faciao con coñecemento do asunto, porque él mesmo fixera ese vaciado un ano antes mentras investigaba o xeito de traballar deste pintor.
Dí Miguel Mantilla, dun xeito moi resumido (porque encontra ata 15 erros de certa consideración): ¿Porqué su mirada fue tan trivial? Quién sabe, quizás por el ritmo frenético de nuestra época y sus acontecimientos sobreponiendo en general la producción a la reflexión y, sin aludir a la expansiva mediocridad vigente, lo cierto es que al intentar vaciar de personajes el espacio enmarcado por La Familia de Felipe IV o Las Meninas de Velázquez, se aprecian cuanto menos, 3 errores importantes: 1º Que tras el gran maestro hay un portal -no más ancho que el contrario- y a su lado cuelga un cuadro que no se detecta pese a su evidencia y relevancia 2º Que por la misma zona en la penumbra del suelo no puede aparecer recortada ni reflejada una 2ª franja de luz 3º Que por la derecha, el remate de los pilares laterales ni tiene rodapié ni penetran ortogonal o rectamente en la estancia
Certamente, un traballo de base conceptual coma este esixe unha grande
precisión, algo que se pode cuestionar no traballo de Ballester. Para aclarar o asunto, Miguel Mantilla fixo este video no que deixa claro o vaciado correcto das Meninas. José Manuel Ballester, informado deste erros, non respondeu.
Esta é unha recomendación sobre o blog Asuntos fotográficos do fotógrafo Carlos Spottorno. Chegoume o enderezo xa por varias vías e certamente trátase dun conxunto de reflexións ben interesantes. Un home cos pes no chan, díxome o último amigo que me recomendou o enlace; e tamén un fotógrafo comprometido e valente para indagar dese xeito.
Outro blog moi interesante é o de Matias Costa (xa reseñado aquí).
foto do proxecto Espellos, de Juan Adrio e Vanesa Díaz
Xa está en marcha a 29 edición do Outono Fotográfico en Ourense, este ano marcado pola homenaxe ao que fora o seu creador e director Benito Losada, recentemente desaparecido. A escola participa, entre outras cousas, cunha mostra dos alumnos de segundo curso, Pase(e) e Vexan, organizada dende o área de proxectos, ao redor dunha intervención fotográfica na rúa. Exposicións ao longo do outono en todalas salas de Ourense, dende fotógrafos históricos ata novos valores.
O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo) de Santiago presentará en novembro unha extensa mostra do fotógrafo Jeff Wall, na que el mesmo colaborou como comisario. Ademais das suas obras haberá imaxes doutros cincuenta e nove artistas que dalgún xeito influiron no seu traballo. Titulase The Crooked Path e estará aberta en Santiago do 13 de novembro ao 26 de febreiro. O horario do CGAC é de 11:00 a 20:00 h, agás os luns, e a entrada é gratuita.
Oscar Molina impartindo o taller en Blank Paper, Madrid foto: escola Blank Paper
Do 20 ao 26 de novembro terá lugar en Paderne, Folgoso do Courel, unha nova edición do taller Detrás da cámara, impartido polo fotógrafo Oscar Molina e organizado por Carlos Puga, Fotoxoguete. Pode que ainda quede algunha praza. No blog da Escola Blank Paper hai un resumo excelente dos contidos e do plantexamento deste taller.
Nestes vindeiros meses desenvolveranse en Galicia varios Talleres de Fotografía comercial, organizados pola obra social de Novacaixagalicia (hai que aproveitar o tempo que lle quede a esta iniciativa). Os talleres son en Vigo e Santiago e teñen dous niveis: Cursos multimedia e Talleres Pro (cursos profesionais de fotografía e edición de audio). Destaca un Master Class sobre retoque de beleza e moda impartido por Omar Josef, que terá lugar o 26 e 27 de novembro.
Para inscribirse hai que facelo ao traverso da web servinova ouy chamando ao 902434443
O MOMA, Museo de Arte Moderno de New York, ven de elexir os seis fotógrafos emerxentes deste ano. Coa obra de cada un ten montada a mostra New Photography 2011. Son estes seis pero de seguro que poderian ser muitos outros a pouco que se modificaran os criterios. Pero é interesante ver a obra e valorar a selección.
Os fotógrafos son: Doug Rickard, que explora a fotografía preto do chan coas imaxes do Google Street View; Moyra Davey que convirte as fotos en cartas e logo as recupera para mostralas; George Georgiu coa sua obra documental sobre a modernización de Turquía; Deana Lawson que ten unha serie de retratos sobre cuestións íntimas ao redor da sexualidade e a comunidade; Vivine Sassen que traballa sobre a sua infancia en Kenia e Zhang Dali que se ocupa de imaxes manipuladas no réximen de Mao Tse Tung.
O Clúster Audiovisual Galego é unha interesante iniciativa empresarial do audiovisual galego. Non da de cheo na fotografía pero si hai empresas en terreos que non están lonxe do fotográfico.
Eles preséntanse como unha alianza compacta de 56 compañías que conforman a industria audiovisual galega. As empresas máis innovadoras do sector en toda a súa cadea de valor do proceso de produción e distribución de produtos audiovisuais e de novas tecnoloxías. 56 empresas decididas a aumentar o seu volume de negocio a traves de senerxias para desenvolver proxectos empresariais que convirtan a Galicia nun referente da industria audiovisual.
O que é certo e que entre os seus obxetivos está o fomentar o I+D+i e que pode ser unha referencia para ver as empresas mais innovadoras deste sector en Galicia.
Xa está engadida ao blog (dentro da páxina Anuario da escola) a revista que anualmente edita a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Recolle colaboracións externas e traballos do alumnado de todolos estudos que se fan nela, ademais dalgun artigo do profesorado.
Este é o traballo do fotógrafo Michael Wolf que gañou unha mención no World Press Photo 2011 con reproduccións de imaxes tomadas por Google para o Google Street View. A serie ten un bo título: A Series of Unfortunate Events. Non coñecía as imaxes (agradezo os alumnos que sacaron o tema no aula). Busqueinas e aquí están.
Este venres 30 de setembro inaugurase a exposición colectiva de fotografia "Animais" no Pazo de Torrado de Cambados (Pontevedra) ás 20.00 h.
Os fotógrafos participantes son: Luis Barreiro, Xabier Fernandez, Nacho Gomez, Marcos Miguez, Carlos Puga, Eutropio Rodriguez, Jose Romay, Monica Vila, Bernardo Villanueva eXaquin Rosales.