Silvestri, só para exquisitos
Silvestri é unha casa de material fotográfico que só fai cousas exquisitas, pensadas sobre todo para o gran formato e a fotografía panorámica. É habitualmente a cámara de Basilico. Non fai unha fabricación industrial, senon que produce poucos exemplares pero de altísima calidade. Agora que estamos a facer arquitectura, podedes ollar a páxina do fabricante, ainda que só sea por curiosidade.