Outras cámaras técnicas
¿Cómo converter a cámara dixital habitual nunha cámara técnica, aproveitando os movementos dese aparello?. Esta é a solución que fabrica Horsemann (a LD), pensada para utilizar obxetivos de gran formato cos correspondentes adaptadores para monturas Nikon e Canon. Cambo tamén fai este sistema (a X2 Pro-system) e Hasselblad tamén fabrica algo parecido. A alternativa a esto, traballando cunha cámara de 35 mm, son os obxectivos descentrables, PC (perspectiva correxida).