Foto: Brais Lorenzo |
Brais Lorenzo, fotoxornalista ourensán que colabora co Faro e coa Axencia EFE, e antigo alumno da escola, gañou o primeiro premio cunha imaxen dun brigadista nos incendios forestais que afectaron a provincia de Ourense este ano. Unha excelente imaxen que ben pode resumir a desolación e a impotencia fronte a estes lumes.