Taller sobre Produción Fotográfica na Escola, organizado polo festival Outono Fotográfico
O sábado 17 de novembro terá lugar nas instalacións da Escola de Arte un taller sobre Produción Fotográfica organizado polo Outono Fotográfico. Estará impartido por Alejandro Novoa (Copias de Autor, Vigo) e José Rey (Solución-Arte, antes Modigliani, Vigo).
Será unha xornada completa (4 horas pola mañán e 4 pola tarde) adicada a duas áreas: a Xestión da cor e o copiado final en soportes Fine Art Inkject e os Procesos e materiais de enmarcado para exposición e conservación.
O taller está aberto a todo o mundo e costa 60€. Para o alumnado da escola coa matrícula en vigor 45 €. Moi recomendable.