foto: Sara Antepazo |
Este martes 16 de outubro presentouse na sá de exposicións de El Cercano o Grupo Fotográfico Puntoonce, integrado por dez fotógrafos novos.
Sara Antepazo, Lydia Castro, Sara Costas, Tamara Barros, Natalia Figueiras, Carla Otero, Raimon Rodellar, Miguel Rodríguez, Brais Seara e Sainza Trebor son os integrantes deste grupo, todos eles antigos alumnos da Escola de Arte. No Cercano presentan un excelente traballo sobre o retrato que ben merece unha visita con tempo.