foto: Walker Evans |
Unha mostra para non perderse: Observados, voyeurismo e vixiancia ao traverso da cámara dende 1870. Esta gran exposición, creada polo San Francisco Museum of Modern Art e a Tate Modern, e que presenta en Madrid a Fundación Canal, percorre a historia da chamada mirada indiscreta, xunto a evolución do concepto de intimidade e o de vixiancia. A entrada é libre e estará aberta ata o 8 de xaneiro.