foto do proxecto Espellos, de Juan Adrio e Vanesa Díaz |
Xa está en marcha a 29 edición do Outono Fotográfico en Ourense, este ano marcado pola homenaxe ao que fora o seu creador e director Benito Losada, recentemente desaparecido. A escola participa, entre outras cousas, cunha mostra dos alumnos de segundo curso, Pase(e) e Vexan, organizada dende o área de proxectos, ao redor dunha intervención fotográfica na rúa. Exposicións ao longo do outono en todalas salas de Ourense, dende fotógrafos históricos ata novos valores.