foto: Moyra Davey |
O MOMA, Museo de Arte Moderno de New York, ven de elexir os seis fotógrafos emerxentes deste ano. Coa obra de cada un ten montada a mostra New Photography 2011. Son estes seis pero de seguro que poderian ser muitos outros a pouco que se modificaran os criterios. Pero é interesante ver a obra e valorar a selección.
Os fotógrafos son: Doug Rickard, que explora a fotografía preto do chan coas imaxes do Google Street View; Moyra Davey que convirte as fotos en cartas e logo as recupera para mostralas; George Georgiu coa sua obra documental sobre a modernización de Turquía; Deana Lawson que ten unha serie de retratos sobre cuestións íntimas ao redor da sexualidade e a comunidade; Vivine Sassen que traballa sobre a sua infancia en Kenia e Zhang Dali que se ocupa de imaxes manipuladas no réximen de Mao Tse Tung.