26.9.11

"Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza"

Mañá martes 27 de setembro terá lugar a conferencia titulada "Fotografía dende onde o mundo se chama Galiza", impartida pola profesora, escritora e diretora de documentais Margarita Ledo Andión. Será dentro do ciclo "Lingua, literatura e Naçom" da Agrupación Cultural O Facho, en A Coruña; e a charla será no local da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande de A Coruña, as 20 h.