foto: Joan Fontcuberta, do traballo "Orogénesis" |
Joan Fontcuberta vai dar un taller de dous días, 1 e 2 de outubro, na Illa de San Simón, na ría de Vigo. Títulase "Documento e Identidade na fotografía 2.0"
El dí sobre o curso: A fotografía dixital e a súa circulación masiva na Internet trastocaron a natureza do fotográfico problematizando o que até agora foron as súas funcións esenciáis.
Entre as cuestións principais, proponse aquí analizar a vixencia do documental nunha cultura postfotográfica e os novos procesos de producción de identidade.
Este taller terá un enfoque de reflexión e é idóneo para fotógrafos profesionais e afecionados avanzados, artistas visuais, periodistas, estudantes e todos aqueles con curiosidade por a imaxe e a comunicación visual.
Hai 25 prazas (que imaxino desapareceran rápido) e custa 150 € (coa comida do sábado) e 230 € con réxime de pensión completa.
Información e inscricións na Fundación Illa de San Simón.