A primeira entrada desta nova etapa vai ser a carta que o fotógrafo chileno Sergio Larraín escribiu en 1982 ao seu sobriño cando este lle dixo que ía tentar ser fotógrafo. Ademáis pode servir para achegar a obra de Larraín, autor dun traballo sobre a cidade de Valparaíso que está entre o mellor da historia da fotografía de reportaxe.