Algunhas reflexións do fotógrafo Martin Parr, feitas nunha conferencia que tivo lugar en Barcelona hai algunhas semanas. Están recollidas polo tamén fotógrafo Paco Elvira no seu blogue.
Parr é sen dúbida un dos maxins que mellor pensan a fotografía actual de reportaxe. Entre outras cousas recomenda fotografiar o mundo actual, o mundo que está xurdindo, non o mundo que está a piques de desaparecer como é habitual en moitos reportaxes.