Ata o 25 de outubro estará aberta en Ourense a maior exposición sobre o fotógrafo Man Ray que ten pasado por Galicia. En realidade, a mostra está dividida entre Ourense e Pontevedra. Recolle os traballos da sua primeira época en Paris (1921-1940), unha das máis intensas deste artista.
No Centro Cultural de Caixanova (Praza Maior, 4), en horario de tarde (de 18 a 21 horas) de luns a venres; os sábados, domingos e festivos está aberta en horario de mañás (de 11 a 14 horas) e tardes (de 18 a 21.30 horas).