O informe anual Horizon (Proxecto Horizon do New Media Consortium, NMC), presenta seis tecnoloxías e prácticas emerxentes que probabelmente terán un emprego xeneralizado no ensino nun prazo mínimo de un ano e máximo de cinco. É un documento con tendencias sobor como traballeremos no mundo académico nese tempo.
Traballo riguroso e tamén prestixioso, axuda a ter unha idea clara do que vai vir no referente as tecnoloxias para traballar no ensino, investigación e expresión creativa. Este é o sexto informe que se fai (un por ano).