Novas polaroids
Polaroid, un dos sistemas mais perxudicados pola tecnoloxía dixital, contraataca. Ven de presentar a PoGoInstant Digital Camera. É unha cámara de fotos compacta dixital que, coa tecnoloxía Zink (impresión en color sen cartuchos de tinta) que eles desenvolveron, imprime fotos nun tamaño de 5 x 7,6 cms en menos dun minuto. A cámara chegará aquí a partires de marzo e venderase ao redor dos 180 €.