A exposición Paul Strand. Retrospectiva 1915-1976 poderá verse na sede da Fundación Barrié en Vigo (rúa Policarpo Sanz, 31) desde o 2 de Outubro ata o 11 de xaneiro do ano próximo. É unha oportunidade para ver a primeira retrospectiva en España deste fotógrafo histórico. Tamén se poderán ver algunhas das suas películas.