Alumnos no Festival de Cine
Onte arrancou o Festival de Cine Internacional de Ourense. Nesta edición, a número 13, ten como lema Celebrando a Diversidade. Os alumnos de Fotografía Artística II xa empezaron a desenvolver un traballo fotográfico para mostrar o día a día deste festival, un referente para o mundo do audiovisual en Galicia.