Este ano para o desenrolo das materias, ademais deste blog, teremos un AULA VIRTUAL (AV) na que estarán dispoñibles os materiais que se dan na clase (van rematar as fotocopias). Estes documentos estarán en PDF, preparados para que os baixedes da rede. A través desta AV tamén haberá que entregar algúns exercicios prácticos e faranse as correcións. Non é mais que unha nova ferramenta para o ensino da fotografía.
Sobre os blogs de antigos alumnos, quedan enlazados só os que seguen activos. De todolos xeitos, calquera que queira que se enlace o seu blog ou páxina web non ten mais que darme o enderezo do mesmo.
O listado de links do blog está revisado e actualizado, e abarca as principais áreas da fotografía. Calquera pode engadir un novo sitio que considere interesante, só ten que enviarme un correo electrónico co seu enderezo.
Que sexa un bo curso para todos.