
O I Encontro Internacional de Centros de Fotografía vai ter lugar do 30 de Maio ata o 1 de xuño, en Almeria. Organizado polo CAF, Centro Andaluz da Fotografía, trata de reunir os principais centros de fotografía do mundo co obxectivo, entre outros, de crear unha rede de información entre os interesados no mundo da fotografía. Haberá representantes de 20 países.
A Escola de Arte de Ourense participará no encontro, así que a volta espero poder contar cousas mais concretas.
Toda a información está en: www.centrosdefotografia.es